lunes, 30 de mayo de 2011

Na granxa " O REXO" --- " As enerxías renovables"






     Na nosa visita a granxa "O Rexo" en Allariz explicáronnos moitas cousas sobre as enerxías renovables. Dixeron que a enerxía natural é mellor que a enerxía que nós usamos.
     Tamén nos recibiron nun edificio que tiña un  invernadoiro para as plantas e tamén no tellado para conservar o  calor do sol. Abaixo tiñan unha maqueta cunha planta igualiña as que había no tellado pero xa morrera.
     O edificio tiña un teito vexetal e unhas claraboias para que entrara a luz do sol.
     Frente ao edificio había unhas árbores de folla caduca que protexen do  sol no verán e no inverno, como non teñen follas, deixan  pasar o sol. 
                                                                                Aitor 

1 comentario: