martes, 31 de mayo de 2011

"O Rexo"

     Na granxa "O Rexo" hai unha queixería  que visitamos na nosa excursión a Allariz, alí faise un queixo de ovella exquisito .         Explicáronnos todo o proceso de fabricación do queixo e tamén déronnos uns anacos para a súa degustación. Logo fomos a un graneiro no que había ovellas separadas según o seu sexo,  había a un lado cordeiros ao outro machos e había dúas femias separadas .
     Tamén  déronnos unhas leccións sobre a natureza e a extinción dos animais e de como vivían etc... Fomos   comer  a unha esplanada grande e con moita herba, tamén tiña unhas pedras  e unhas árbores pintadas por Ibarrola. Para ir as árbores tiñas que cruzar o río Arnoia con tres pedras e cinco troncos, logo por unha ponte colgante Era maravillosa a paisaxe que tiña como unhas cataratas no medio do bosque.      Case a punto de irnos encontramos un lagarto arnau tiña a cabeza azul e o corpo verde, a cola era marrón e como os lunares dos leopardos. Cando o collimos para ensinar as profes,  quedaron abraiadas das súas cores e da súa  pel. 
     Na granxa había tamén  un mastín o único can capaz de enfrentarse a unha manada de lobos, aquel can  chamábase Moro. Pareceume unha viaxe moi alucinante, gustaríame repetila.
                                                                                             Pablo

1 comentario: