Homero (pincha aquí)
Os nenos e nenas de quinto vimos a película “La Odisea” na semana adicada ao cine sobre “Seres fantásticos e mitolóxicos.”
Comentarios :
A película pareceume moi interesante e estaba chea de fantasía, acción e aventura. Ainda que non fixera o recorrido orixinal de Ulises, as partes máis importantes da súa aventura estaban na película. Na miña opinión foi unha película boísima.
Aitor
A película gustoume moitísimo sobre todo cando Ulises disparou co seu arco e atravesou as doce argolas.
Yeray
Foi unha película chea de aventuras e emoción. Gustáronme moito as súas viaxes, sobretodo a da illa de Calipso e a da bruxa Circe, ainda que a do "país dos mortos" non me gustou nada. Para mín é unha película moi boa e non me importaría vela outra vez.
Andrés
Pareceume moi interesante. Pasei medo cando a Ulises rodeárono os fantasmas e fíxome moita gracia cando intentaron capturar o porco e resultou ser o seu compañeiro.
Saínza
A película gustoume moitísimo sobre todo cando Ulises disparou co seu arco e atravesou as doce argolas.
Yeray
A película tiña moita acción. Os compañeiros de Ulises eran un pouco egoístas, mais moi valentes por seguir a Ulises na loita e lograr a victoria.
Marta
Foi unha película chea de aventuras e emoción. Gustáronme moito as súas viaxes, sobretodo a da illa de Calipso e a da bruxa Circe, ainda que a do "país dos mortos" non me gustou nada. Para mín é unha película moi boa e non me importaría vela outra vez.
Andrés
A Odisea pareceume moi bonita, os actores fixérono moi ben. Gustoume moito porque tiña de todo: acción, fantasía, momentos sentimentais, etc.
Isaac
Gustoume moito a peli, foi de acción e de seres fantásticos como as sereas, as bruxas, serpentes mariñas e ninfas. Foi emocionante, xenial; mais non me gustou que os homes de Ulises non confiaran nel. Gustoume a súa muller, Penélope, porque era moi forte,ela sabía ben que Ulises regresaría a Ítaca.
Grace
Na película "La Odisea" houbo moita acción, a min gustoume a parte na que Ulises volveu a súa casa e Penélope chorou de leticia cando o mirou e tamén cando abrazou ao seu fillo Telémaco.
Andrea Marcos
Teño que recoñecer que a película "La Odisea" foi boísima, mais o que non me gustou foi que houbera tanto sangue. Había escenas de risa, de tristura e de felicidade.
Paula
Gustoume moito "La Odisea", tiña moi bos efectos especiais. A parte que máis me gustou foi cando disparou a frecha e acertou a entrar por todos os buratiños.
Roi
Gustoume moito a película porque tiña moita fantasía e aventuras. A parte que mais me gustou foi a de Circe e a de Poseidón. O que menos me gustou foi que ao final houbo moito sangue e morría moita xente, e a min deume un pouco de medo.
Verónica
No hay comentarios:
Publicar un comentario