sábado, 5 de marzo de 2011

E CHEGOU O DÍA DA FESTA








Esta foi a presentación da nosa actuación no Festival do Entroido 2011 que fixeron:

Silvia, Pablo, Saínza, Julio e Aitor



ODISEA-ABALAR

A lectura da Odisea proporciónanos aos alumnos e alumnas de quinto unhas ás especiais que nos permiten fabular, imaxinar e vivir infinitas e maravillosas aventuras.

Ulises, heroe astuto e valente, que  soubo utilizar como ninguén a súa intelixencia para loitar co irritado Poseidón, enganar a Polifemo ou deixarse namorar de Circe e de Calipso, demóstranos a importancia de ter unha "meta" e sobre todo o máis interesante, a vontade de querer conseguila.

Igual que o Ulises de Homero, os "Ulises de quinto" somos capaces de vivir intensamente a aventura de "Abalar", vencer todas as dificultades que temos e finalmente chegar algún día a nosa Ítaca particular.

Tamén como el, nesta arriscada viaxe non estamos sós, estamos e estaremos sempre protexidos pola deusa "Atenea" ( neste caso personificada en Moncho ), quen coa súa sabedoría logrará que pronto cheguemos a meta soñada.

Utilizamos a linguaxe oral para expresar, crear e producir coplas que expresan feitos, vivencias, pero tamén desexos. Nelas hai algo de humor e moita, moitísima imaxinación.

¡¡¡ Bravo Ulises!!!   ¡¡¡ Grazas Atenea !!!   ¡¡¡ Grazas Moncho !!!

2 comentarios:

  1. Me encanta este blog, es original , me gusta mucho las fotos del entroido y los dibujos sobre todo el del ganador.

    ResponderEliminar
  2. Me gusta mucho este blog,me encantan las fotos del entroido y ssobre todo el video.

    ResponderEliminar