martes, 24 de mayo de 2011

Personaxes da Odisea


POLIFEMO
     Polifemo é un personaxe da “Odisea”, libro escrito por Homero que narra as aventuras de Ulises. Polifemo era o máis famoso dos cíclopes , fillo de Poseidón e da ninfa Toosa.
     Fíxose famoso cando Ulises explorou a súa cova cos seus navegantes pero de repente entrou o xigante Polifemo, comeu dous dos seus tripulantes e empezou a falar con Ulises e a negociar.
      Case sempre se debuxa como un xigante barbudo e cun so ollo. É alto e moi forte, sempre é recordado pola súa pelexa con Ulises.



ATENEA
     Atenea é a filla de Zeus, é  a deusa grega da sabiduría e da estratexia de  combate.
      Os seus ollos son  verdes e o pelo negro.
     Ten un bufo como mascota, unha lanza coa punta de bronce, un escudo prateado e un casco de ouro.
     Atenea sempre foi a filla favorita de Zeus, el mesmo regaloulle  o seu escudo prateado e decorado coa cabeza da medusa Gorgona e pediu a Erfesto que tallara a súa lanza.
Atenea era unha das deusas máis importantes, de ahí que se construira Atenas.
 
Circe
    Circe é unha maga moi guapa cuns ollos dunha cor azul moi intensa que a todo o que se lle opoñera o transformaba  nun animal, é famosa polo seu papel na Odisea de Homero, é a filla de Helios.
    Cando Ulises chegou  á illa de Circe mandou a un grupo dos seus compañeiros a buscar comida, eles encontraron unha especie de castelo, entraron e se atoparon con Circe rodeada de animais, eles estaban un pouco estrañados.
     Circe ofreceulles  viño, eles beberon e de súpeto transformáronse en animais. Esa é a maxia de Circe.


Calipso
      Calipso é  unha bella muller, a súa pel é  clara e suave como o marfil, ten os ollos de cor marrón como o chocolate, o seu pelo é da  cor do mel e os seus labios son vermellos como as rosas.
     Ela é moi amable pero as veces enfádase moito, vive nunha illa, xunto a outras ninfas. É unha ninfa moi bonita que sempre leva uns   vestidos  preciosos con moitos dourados e plateados.
     Na Odisea, Calipso quixo retener a Ulises na súa illa, pero ó final Ulises regresou coa súa amada Penélope.



NAUSÍCAA
     Nausícaa é un personaxe da  Odisea. Era a filla do rei Alcinoo e da raiña Arete. Alcínoo  casou coa súa sobriña Arete. Eran os reis da illa dos feacios.
     Nausìca encontrou na praia dos feacios a Ulises, o rei de Ítaca. Dise que Nausìca casou con Telèmaco, o fillo de Ulises, e tamén que tiveron un fillo que se chamaba Perséptolis .
     Nausicaa tiña un pelo louro como o ouro e uns ollos dun profundo e intenso verde 
claro, e tiña uns labios vermellos como as papoulas. 

 Hermes
      Hermes é o deus dos viaxeiros, é o deus que está representado cunhas sandalias con ás e cun casco de ouro. 
É o deus que lle dixo a Calipso que deixara marchar a Ulises polo seu ben e que lle dera un barco e provisións.
     E cando estaba escalando as rochas para desembruxar aos seus compañeiros da bruxa Circe, que  converteraos en porcos, Hermes  axudounos dándolle unha herba máxica coa que non lle facía efecto a poción máxica de Circe. 


Poseidón
POSEIDÓN é o deus dos mares, é irmán de Zeus (o deus dos deuses) e de Hades (o deus dos infernos). Poseidón atacou a Ulises na súa aventurada viaxe .

Como fillo de Cronos e Hea é un dos principais Deuses do Olimpo e de acordo con certas tradicións unhas veces aparece como o irmán máis vello ou máis novo de Zeus . 
Dicen que Poseidón ten os ollos azuis coma o mar, o pelo negro e debe de ser moi alto o máis ben duns 15 metros.Algunhas veces é malo pero outras era moi bo .





O deus Eolo
      Eolo é o deus do vento, o que controla o aire e os ventos máis desfavorables para os mariñeiros que regresan a súa casa  como pasou na Odisea con Ulises.
     Eolo foi moi amable e xeneroso con Ulises, invitouno a súa casa e estivo  un mes alí. 
     Cando marchou para continuar a súa viaxe, Eolo regaloulle un odre cos ventos desfavorables e pediulle que non o abrira, pero os mariñeiros non lle fixeron caso e desencadenouse unha gran tempestade.




Ulises
      Ulises é un gran aventureiro que fixo unha gran viaxe que quedou recollida nun libro chamado "A Odisea". Este libro foi escrito por Homero que era un autor grego moi famoso polas súas epopeyas "A Ilíada e "A Odisea". Ulises en grego significába Odiseo.
     Ulises tiña un fillo chamado Telémaco e unha muller chamada Penélope que pasou 30 anos sen ver ao seu marido
e cos pretendentes no seu palacio bebendo e comendo as súas riquezas.
     Ulises era tamén o rei dunha illa chamada Ítaca.




3 comentarios:

  1. Molan moito os perxonaxes da Odisea

    ResponderEliminar
  2. ME GUSTA MUCHO ESTAS DESCRIPCIONES

    ResponderEliminar
  3. la de poseidón es la mia y los enlaces se los puse yo en mi ordenador .

    ResponderEliminar