viernes, 17 de junio de 2011

A Cetrería


     O outro día viñeron uns señores da Sociedade Galega de Cetrería e trouxeron algunhas das súas aves.
     Explicounos que un bufo real non é coma os outros , el está desperto de día e durme pola noite, dixéronnos tamén que un bucho real pode vivir oitenta anos e a aguia que trouxo dixo que pode vivir ata noventa e cinco anos.
     Despois soltou algunhas aves e nos deron a oportunidade de acariñalas. A ave que máis me gustou era branca e de tamaño pequeno comparada coas demais e as súas ás eran grises.
     Deume moita risa cando soltou a aguia pequena e non lle volvía, era pequena pero cando extendía as súas ás era moito máis grande. Fixéronnos preguntas e se acertábamos regalábannos unhas plumas.

                                                                         





1 comentario:

  1. me lo pasé muy bien, supongo que como todos, porque eran muy bonitos y no dejabamos de tocarlos jeje

    ResponderEliminar