viernes, 28 de octubre de 2011

Polos camiños de Cangas ...

     O venres, 21 de outubro, fomos andando ata a Casa da Cultura de Cangas para visitar na Sala de exposicións Ángel Botello a obra dunha pintora de Burgos chamada Rosario Palacios. Os cadros desta exposición, chamada “ Regreso ao inicio” estaban inspirados no outono en terras galegas.
     Alí  recibiunos o pintor-escultor de Coiro,  Camilo Camaño Xestido. Acompañounos na nosa visita e explicounos moitas cousas sobre a pintora e outros pintores famosos.





     Ao saír de visitar a exposición fixemos un safari fotográfico por Cangas. Pasamos polo paseo marítimo de Rodeira e fixemos fotos na escultura adicada a Cangas. Paramos a descansar un pouco no parque e logo pasamos polo Concello a ver a escultura de Manuel Coia “Vento de proa”. 
     Seguimos polos camiños de Cangas e visitamos a Ex-colexiata, …  fixemos moitas fotos e seguimos  camiñando ata o Auditorio onde esperaba o autobús para levarnos de volta ao colexio.

¡¡¡ Pasámolo moi ben !!!

1 comentario: