O pasado 15 de Novembro, os nenos e nenas de sexto do colexio de Castrillón-Coiro fomos de visita á empresa " Frigoríficos do Morrazo ".
Os meus compañeir@s foron ata o Frigorífico en autobús menos eu, que fun directamente dende casa co meu pai ata alí, porque o meu pai coñece perfectamente as instalacións xa que traballa nunha das empresas pesqueiras fundadoras de Frigoríficos do Morrazo e cuxos barcos descargan alí. Ademais íanos servir de guía.
Eu cheguei ao Frigorífico antes que o autobús e estiven a esperar aos meus compañeiros nas oficinas.
Cando chegou o autobús, fomos directamente á planta onde se manipula o peixe. Primeiro vimos como estaban a empaquetar as caixas de lura. Logo fomos á cámara frigorífica que estaba a -23ºC.

Alí observamos como estaban colocadas as caixas de peixe para a súa conservación. Despois fomos a unha segunda cámara, e logo leváronnos a ver como se distribúe o peixe nos camións.
A continuación subimos a bordo do "Robin M. Lee" , que é un barco que se dedica á pesca da lura usando o método de arrastre.
Primeiro fomos a ver a ponte de mando, que estaba cheo de controis, logo fomos ao comedor que estaba dividido en dúas salas. Unha para os mariñeiros e outra para o capitán e os oficiais.
Despois fomos á adega do barco, onde vimos un grande espazo para acumular a pesca e moitos nenos quixeron baixar, pero non nos deixaron.
Logo baixamos un piso máis, pasando pola lavandaría ata chegar á sala de máquinas que é o último que vimos do barco.
Antes de marchar, regaláronnos a cada alumno unha bolsa que contiña un lapis de cores, un bolígrafo, un metro e unha viseira. Logo chegou o autobús que nos levou ao Concello para seguir coa visita que tiñamos programada.
Na miña opinión foi unha visita moi agradable e divertida, onde aprendemos como se traballa no sector primario e secundario.
Aitor

Hola soy Paula y ya cree mi blog
ResponderEliminar