No meu colexio, Castrillón, fixemos unha exposición cos nosos traballos. O tema da exposición era: os seres fantásticos e mitolóxicos.
Algúns nenos e nenas de quinto e sexto presentámonos voluntari@s para facer de contacontos e de guías da nosa exposición.
Eu fixen de contacontos xunto cos meus compañeiros Sabela e Andrés. Contamos o relato de “Apolo e Dafne” aos nen@s de 3ºA .
Os guías encargáronse de ensinar aos nen@s que a visitaban os traballos que había e tamén lle explicaban o que significaban
.
Na exposición había traballos plásticos moi interesantes: centauros, fadas, monstros mariños, Poseidón, Zeus, Atenea ,Afrodita, Cupido, …
Tamén había libros para consultar e algunhas películas; puzzles de sereas ,centauros ,dragóns ,cíclopes e de moitos máis seres fantásticos.
Un debuxo que me encantou foi o que fixeron os de infantil coas fotos pegadas dos nenos nas caras de ananos ,tamén vin fadas e dragóns pegados no teito, un castelo de cartón no que se podía xogar cos fantasmas vampiros . Encontrei un cíclope que parecía un bebé, estaba con chupetes e pañales, e moitísimos traballos máis feitos por todos os nen@s do colexio.
Verónica
es mi pagina preferida jajajajaj!
ResponderEliminar