Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA GALEGA. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de octubre de 2011

Celso Emilio Ferreiro





LONGA NOITE DE PEDRA




O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.











IRMÁNS
("Longa noite de pedra", 1962)


Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmáu che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.







sábado, 24 de septiembre de 2011

María Soliña



      María Soliña  foi condenada alá polo século XVII pola Santa Inquisición, acusada de bruxaría.
     Este suceso foi fonte de inspiración para músicos e poetas, un exemplo diso é este poema de Celso Emilio Ferreiro: 

  ¿Queres saber máis cousas de María Soliña?  Fai clic no enlace.

"MARÍA SOLIÑA"


Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache, 
María Soliña.

Celso Emilio Ferreiro
(Celanova, 1912 - Vigo, 1979)


Luz Casal, Carlos Núñez ou "Luar na lubre", entre outros moitos, puxéronlle música a este poema de Celso Emilio Ferreiro.