MÚSICA

No bicarelo - Karaoke ( Uxío Novoneyra ) 

Vientos del pueblo (poema de Miguel Hernández)

LETRAS CANCIÓNS  "Entroido 2011"


ABALAR
Tardaron moito tempo en enviar
novos ordenadores para o ABALAR.
O PORTÁTIL, O RATO,
A PIZARRA DIXITAL,
QUE ESTE ANO OS DE QUINTO
XA TEMOS ABALAR
Os profes non entenden o ordenador
o Linux é moi raro, a ver neste botón!
O PORTÁTIL, O RATO…
(música)
A veces o internet nos funciona mal
o wifi se bloquea e temos que parar.
O PORTÁTIL, O RATO….
O ordenador se queda sen batería
tamén de cando en vez hai algunha avería.
O PORTÁTIL, O RATO…
(música)
A Moncho moitas gracias queremos dar
se non nos axudara estaríamos moi mal!
O PORTÁTIL, O RATO…
Estamos encantados co ABALAR
flipamos, aprendemos, curramos sen parar!!
O PORTÁTIL, O RATO…

ULISES

Ioa ioae, ioa ioae (bis)
CÓNTANOS QUE CHE PASOU (bis)
Partín cara á guerra
deixei a miña terra
dez horribles anos de aquí para alá.
CÓNTANOS QUE CHE PASOU (bis)
O ceo me castigou
vivindo unha Odisea
con un único soño: o de regresar…
Foi moito tempo o que tivo que pasar!!!

Música

Ioa ioae, ioa ioae (bis)
CÓNTANOS QUE CHE PASOU (bis)
Tecendo, e destecendo
de seguido no seu tear
Penélope agardaba sen desesperar.
CÓNTANOS QUE CHE PASOU (bis)
Foi unha gran aventura
con Deuses e criaturas
Telémaco, Atenea, Hermes, Poseidón…
E Polifemo sen o ollo se quedou!!!




VENTO MAREIRO 


Teño un amor en Itaca
E outro na illa de Oxixea
Para ve-los meus amores
Teño que remar máis días

Teño un amor en Itaca
E outro na illa de Oxixea
Para ve-los meus amores
Teño que remar máis días

NON LLE TEMAS MARIÑEIRO
Ó VENTIÑO DO MAR
QUE CO VENTO MAREIRO
DÁ MELLOR NAVEGAR

SE NAVEGAS POLO MAR
MEDITERRÁNEO VERÁS
AS ESTRELAS E A LÚA
DARLLE BICOS Ó MAR

Lévalle no teu peteiro
Gaivotiña, voa, voa
Lévalle no teu peteiro
Unha cantiga de amores

Ó meu amor itaqueiro
Unha cantiga de amores,
Lévalle no teu peteiro
Gaivotiña, voa, voa.

NON LLE TEMAS MARIÑEIRO
Ó VENTIÑO DO MAR
QUE CO VENTO MAREIRO
DÁ MELLOR NAVEGAR

SE NAVEGAS POLO MAR
MEDITERRÁNEO VERÁS
AS ESTRELAS E A LÚA
DARLLE BICOS Ó MAR