Mostrando entradas con la etiqueta CREACIÓN LITERARIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CREACIÓN LITERARIA. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de mayo de 2011

Personaxes da Odisea


POLIFEMO
     Polifemo é un personaxe da “Odisea”, libro escrito por Homero que narra as aventuras de Ulises. Polifemo era o máis famoso dos cíclopes , fillo de Poseidón e da ninfa Toosa.
     Fíxose famoso cando Ulises explorou a súa cova cos seus navegantes pero de repente entrou o xigante Polifemo, comeu dous dos seus tripulantes e empezou a falar con Ulises e a negociar.
      Case sempre se debuxa como un xigante barbudo e cun so ollo. É alto e moi forte, sempre é recordado pola súa pelexa con Ulises.



ATENEA
     Atenea é a filla de Zeus, é  a deusa grega da sabiduría e da estratexia de  combate.
      Os seus ollos son  verdes e o pelo negro.
     Ten un bufo como mascota, unha lanza coa punta de bronce, un escudo prateado e un casco de ouro.
     Atenea sempre foi a filla favorita de Zeus, el mesmo regaloulle  o seu escudo prateado e decorado coa cabeza da medusa Gorgona e pediu a Erfesto que tallara a súa lanza.
Atenea era unha das deusas máis importantes, de ahí que se construira Atenas.
 
Circe
    Circe é unha maga moi guapa cuns ollos dunha cor azul moi intensa que a todo o que se lle opoñera o transformaba  nun animal, é famosa polo seu papel na Odisea de Homero, é a filla de Helios.
    Cando Ulises chegou  á illa de Circe mandou a un grupo dos seus compañeiros a buscar comida, eles encontraron unha especie de castelo, entraron e se atoparon con Circe rodeada de animais, eles estaban un pouco estrañados.
     Circe ofreceulles  viño, eles beberon e de súpeto transformáronse en animais. Esa é a maxia de Circe.


Calipso
      Calipso é  unha bella muller, a súa pel é  clara e suave como o marfil, ten os ollos de cor marrón como o chocolate, o seu pelo é da  cor do mel e os seus labios son vermellos como as rosas.
     Ela é moi amable pero as veces enfádase moito, vive nunha illa, xunto a outras ninfas. É unha ninfa moi bonita que sempre leva uns   vestidos  preciosos con moitos dourados e plateados.
     Na Odisea, Calipso quixo retener a Ulises na súa illa, pero ó final Ulises regresou coa súa amada Penélope.



NAUSÍCAA
     Nausícaa é un personaxe da  Odisea. Era a filla do rei Alcinoo e da raiña Arete. Alcínoo  casou coa súa sobriña Arete. Eran os reis da illa dos feacios.
     Nausìca encontrou na praia dos feacios a Ulises, o rei de Ítaca. Dise que Nausìca casou con Telèmaco, o fillo de Ulises, e tamén que tiveron un fillo que se chamaba Perséptolis .
     Nausicaa tiña un pelo louro como o ouro e uns ollos dun profundo e intenso verde 
claro, e tiña uns labios vermellos como as papoulas. 

 Hermes
      Hermes é o deus dos viaxeiros, é o deus que está representado cunhas sandalias con ás e cun casco de ouro. 
É o deus que lle dixo a Calipso que deixara marchar a Ulises polo seu ben e que lle dera un barco e provisións.
     E cando estaba escalando as rochas para desembruxar aos seus compañeiros da bruxa Circe, que  converteraos en porcos, Hermes  axudounos dándolle unha herba máxica coa que non lle facía efecto a poción máxica de Circe. 


Poseidón
POSEIDÓN é o deus dos mares, é irmán de Zeus (o deus dos deuses) e de Hades (o deus dos infernos). Poseidón atacou a Ulises na súa aventurada viaxe .

Como fillo de Cronos e Hea é un dos principais Deuses do Olimpo e de acordo con certas tradicións unhas veces aparece como o irmán máis vello ou máis novo de Zeus . 
Dicen que Poseidón ten os ollos azuis coma o mar, o pelo negro e debe de ser moi alto o máis ben duns 15 metros.Algunhas veces é malo pero outras era moi bo .





O deus Eolo
      Eolo é o deus do vento, o que controla o aire e os ventos máis desfavorables para os mariñeiros que regresan a súa casa  como pasou na Odisea con Ulises.
     Eolo foi moi amable e xeneroso con Ulises, invitouno a súa casa e estivo  un mes alí. 
     Cando marchou para continuar a súa viaxe, Eolo regaloulle un odre cos ventos desfavorables e pediulle que non o abrira, pero os mariñeiros non lle fixeron caso e desencadenouse unha gran tempestade.




Ulises
      Ulises é un gran aventureiro que fixo unha gran viaxe que quedou recollida nun libro chamado "A Odisea". Este libro foi escrito por Homero que era un autor grego moi famoso polas súas epopeyas "A Ilíada e "A Odisea". Ulises en grego significába Odiseo.
     Ulises tiña un fillo chamado Telémaco e unha muller chamada Penélope que pasou 30 anos sen ver ao seu marido
e cos pretendentes no seu palacio bebendo e comendo as súas riquezas.
     Ulises era tamén o rei dunha illa chamada Ítaca.




lunes, 21 de marzo de 2011

"21 de Marzo" Comenza a primavera


Hoxe queremos solidarizarnos con Xapón e imos facer moitos, moitísimos...  HAIKUS


A PRIMAVERA (haikus)

O olor das flores
fresco e adorable
coa súa alma amable.

As árbores contentas
crecéronlles os seus cabelos
verdes e perfectos.

O vento formaba 
grande nubes rosas
 rugosas e moi esponxosas.


HAIKU
          
A libélula
voa por riba
da montaña .

O león corre
loco perseguindo
ao antílope.

A montaña
nubrada cun
pico nevado.

 

HAIKUS 
Na primavera quero ver
moitos aromas e moitas cores
porque hai moitas flores.

A primavera é alegre e bonita
é a miña estación favorita  
hai flores de todas as cores.
 
Na primavera nacen as flores
e cubren o xardín
non me gusta cando chega o fin.



LA PRIMAVERA (Haiku)

A primavera florecía
cando as sementes
se reunían.

As flores con suave
movemento recibían
a caricia do vento.



LA PRIMAVERA

La estación cambiaba a primavera.
A coger las tijeras y la regadera.
Y del invierno sólo queda una calavera.

Los pájaros cantan.
Las ardillas levantan.
Y los osos bailan.

...Haikus 
Los árboles se abanean
con el viento
 y las flores se abren con el sol.

Las mariposas
con sus alas vuelan
todas contentas.


Los animales todos
quieren jugar
con la primavera.

sábado, 12 de febrero de 2011

NOS LÍMITES DA IMAXINACIÓN





     No meu colexio, Castrillón, fixemos unha exposición cos nosos traballos. O tema da exposición era: os seres fantásticos e mitolóxicos.
     Algúns nenos e nenas de quinto e sexto presentámonos voluntari@s para facer de contacontos e de guías da nosa exposición.
     Eu fixen de contacontos xunto cos meus compañeiros Sabela e Andrés. Contamos o relato de “Apolo e Dafne” aos nen@s de 3ºA .

     Os guías encargáronse de ensinar aos nen@s que a visitaban os traballos que había e tamén lle explicaban o que significaban
.
     Na exposición había traballos plásticos moi interesantes: centauros, fadas, monstros mariños, Poseidón, Zeus, Atenea ,Afrodita, Cupido, …

     Tamén había libros para consultar e algunhas películas;  puzzles de sereas ,centauros ,dragóns ,cíclopes e de moitos máis seres fantásticos.

     Un debuxo que me encantou  foi o que fixeron os de infantil coas fotos pegadas dos nenos nas caras de ananos ,tamén vin fadas e dragóns pegados no teito, un castelo de cartón no que se podía xogar cos fantasmas vampiros . Encontrei un cíclope que parecía un bebé, estaba con chupetes e pañales, e moitísimos traballos máis feitos por todos os nen@s do colexio. 
                                                                                         Verónica

viernes, 11 de febrero de 2011

AS NOSAS COPLAS

                 " A Odisea "

Ulises, lembro o teu canto,                                     
era bo e tamén un espanto,
Lembro as túas pelexas 
eran boas e sempre tiñan presa.

Telémaco, non te quero escoitar
cantabas fatal e sen rimar,
cantabas no mar, no río e na praia
tamén cantabas a unha vaia.
                                               Yeray



Ulises chegou
e a todos asustou

Penélope  chorou
e de pronto alegrou

Ulises regresou
e xa gobernou

Ulises enfadou
E xa as pagou

Atenea axudou
e a túnica mollou.
                       Josu



Ulises, ten moita forza
e bastante memoria.

Ulises, polos lotófagos pasou
e aos cíclopes derrotou.

Ulises, a Escila derrotou
e Caribdis non o tragou.                            
                              Pablo



Ulises era valente
e amábao a xente.

Ulises á súa muller amaba
temía que con outro casara.

Ulises no seu barco navegaba
e todas as batallas gañaba.

Ulises nunha cova entrou
e ao cíclope matou.

Cando Ulises a Ítaca chegou
sobre todos gobernou.
                               
                              Marta




Poseidón, rei dos mares
escoita ao teu corazón
cando tomes unha decisión.
                                     Ancor 





Atenea era unha deusa
entre todas a máis fermosa
estraños poderes tiña
porque en casas se convertía.

Era moi valente
protexía a xente
todos no mundo a querían
porque os protexía.
                                    Grace 




As lendas de Ulises
están  a perdurar
son demasiado tristes
e non as quero escoitar.

Cóntanse e cóntanse
por  todos os lados
son tan famosas
que ata as contan ruidosas.

Son lendas antiguas
as que están a perdurar
tiñen de sangue as memorias
porque tratan de matar.
                                      Ismael







Ulises rei de Ítaca
Foi a Troya a loitar.

Moito tempo Ulises tardou
E ao seu fillo deixou.
 
Era un heroe de armas loitar
E os seus deuses fixo enfadar.

 As súas aventuras pasaxeiras
 De seguida volvéronse pesadelas.

Penélope facia un telar
E aos pretendentes intentaba engañar.

Ulises chegou ao seu fogar
E a súa muller quiso abrazar.
                                                Verónica





Ulises polo camiño,
leva comida e viño.

Na súa tripulación,
alguén canta unha canción.

Calipso se desilusionará
e Ulises navegará.

Ulises sorrirá,
e Penélope chorará.

Ulises nas illas,
contará as súas maravillas.

Ulises navegará,
e a Ítaca chegará. 
                           Andrés



Ulises a Poseidón desafiou
e aos feaceos a súa aventura contou.

Con Circe se atoparon,
entre eles pelexaron
e como animais remataron.

Ulises ao Hades viaxou
E co profeta morto falou.
                           Aitor


Ulises é despistado
 e ten cara de malo.

 A guerra de Troia acabou
Ulises gañou
 e a Poseidón derrotou.
                                        Iván




                             "Abalar"


Estou canso de escoitar
oír falar do proxecto Abalar.

Os portátiles tarde chegaron
e sen conexión a wifi quedaron.

Non nos chegaba o momento
de velos en funcionamento.

En xaneiro comenzamos a usalos
despois de tanto tempo a esperalos.

Algúns saíron defectuosos
pero outros de eles marchosos.

Todos estamos moi contentos
con estes novos descubrimentos.
                                         Pablo
 
                                           
Os ordenadores tarde chegaron
E  moitos enfadámonos.

Os ordenadores por fin chegaron
Pero algúns avariados.

Algúns erros déronnos
E  que mosqueo produxéronnos

Unhas regras déronnos
¡moito coidado! Xa o sabemos.

Ordenadores pequenos levamos
 ao oculista a todos nos levaron.

Por fin rematei
Que traballo levei.
                         Marta
              


 O internet funciona mal
E se seguimos asi imos fatal.

A conexión abalar funciona mal
Nunca podemos conectar.

O abalar funciona mal
Porque tardou moito en chegar.
                                       Izan