Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de octubre de 2011

Celso Emilio Ferreiro





LONGA NOITE DE PEDRA




O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.











IRMÁNS
("Longa noite de pedra", 1962)


Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmáu che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.







viernes, 7 de octubre de 2011

"María Soliña" de ASTAROT

      A lenda, o teatro e a música, únense para reproducir na pantalla a vida e a morte da meiga máis famosa da historia galega: María Soliña.
      O grupo ASTAROT rodou este videoclip  en Cangas.








     A versión que fai o grupo cangués  da historia de María Soliña está recollido no seu disco "O sentir dunha terra". Esta é a letra da canción:



MARIA SOLIÑA
Cae a noite sobre a praia
fuxe o vento de cara o val
danza a lua sobre as augas
e Maria escoita o mar.
Non trae voces, non trae nada
so o silencio e a friaxe
son a fúnebre compaña
o son mouro das campas.
Maria Soliña
Maria soidade
tiere-la area, Pedro e o ar
Mariña Soliña, María soidade
Bate a noite longas alas
non hai gavotas, tampouco Araus
negros corvos arrevoan
e nos seus bochos traen o mal.
Traen enchenta de cobiza
traen mentira e sin razón
e María fica soa
baixo as zoupas da inquisición.
María Soliña 



E para que saibades  un pouco máis  da lenda de María Soliña, déixovos outro vídeo ......



jueves, 9 de junio de 2011

O tambor novo de Mario



     O noso compañeiro Mario, trouxo a clase o seu novo tambor para que o puidéramos ver.
     Nos explicou que estaba feito a man, polo artesán Carlos do Viso. Tamén nos dixo que a madeira empregada para a súa construcción era o nogal, e que as baquetas eran de madeira de granadillo.
     Finalmente nos fixo unha pequena demostración tocando varios ritmos que soaron moi ben!!!

viernes, 8 de abril de 2011

"INSTRUMENTACIÓN EN RE DÓRICO"

Na clase de música tocamos unha 
PEQUENA INSTRUMENTACIÓN EN RE DÓRICO
para instrumentos de placas.

Primeiro aprendimos a melodía... 







Despois o acompañamento... 


E por último tocamos as dúas cousas conxuntamente...