Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de abril de 2012

Matemáticas con arte



Construimos o decímetro cúbico con algunhas das obras de Sorolla pintadas nas súas caras.

Matemáticas con arte - diapositivas

                         Joaquín Sorolla, "o pintor da luz"

Naceu en Valencia no ano 1863 e morreu en  Cercedilla no 1923. Formouse na súa cidade natal co escultor Capuz, estudou posteriormente as obras do Museo do Prado e, grazas a unha bolsa de estudos, puido residir e estudar en Roma de 1884 a 1889. Nesta época dedicouse sobre todo a cadros de temática histórica.

Unha viaxe a París en 1894 púxoo en contacto coa pintura impresionista, o que supuxo unha verdadeira revolución no seu estilo. Abandonou os temas anteriores e comezou a pintar ao aire libre, deixándose invadir pola luz e a cor do Mediterráneo. Son precisamente as obras de cores claras e pincelada vigorosa que reproducen escenas a beiras do mar as que máis se identifican coa arte de Sorolla.

Non obstante, foi un artista moi activo, que realizou tamén numerosos retratos de personalidades españolas e algunhas obras de denuncia social (E aínda din que o peixe é caro!) baixo a influencia do seu amigo Blasco Ibáñez.

O seu estilo agradable e doado fixo que recibise innumerables encargos, que lle permitiron gozar dunha desafogada posición social. A súa fama superou as fronteiras españolas para estenderse por toda Europa e Estados Unidos, onde expuxo en varias ocasións. De 1910 a 1920 pintou unha serie de murais con temas rexionais para a Hispanic Society of America de Nova York.

lunes, 19 de diciembre de 2011

Polos camiños da pintura

     Camilo Camaño visitounos no colexio para contarnos cousas moi interesantes sobre a obra artística de algúns pintores galegos do século XX :  Maruja Mallo, Luis Seoane, Urbano Lugrís, ...
     Falounos tamén de Picasso, Botticelli, Leonardo da Vinci, ... e Sorolla.
     Contounos a súa experiencia como pintor e as distintas etapas da súa traiectoria artística. 
     Aprendimos moitas cousa e invitounos a visitar a súa casa museo "A Mangallona".
Pablo e Andrea Mouriño


Quero...

Quero pintar un cadro cheo de cores,
un xardín cheo de flores
e escoitar o canto de mil reiseñores.

Quero pintar un sorriso
 na cara da xente
ofrecerlle un bico
 que saiba a merengue
e darlle a mán a un amigo
para gozar do presente.

Marcos Magdaleno

jueves, 29 de septiembre de 2011

Os areales e as ondas do mar de Cangas ...


Xa estamos a traballar, tamén en Plástica, o poema de Celso Emilio Ferreiro: "María Soliña"

viernes, 4 de marzo de 2011

OS PREMIOS

A nosa compañeira Andrea gañou un dos premios no concurso de "Carteis do Entroido" . Este é o seu debuxo:

viernes, 25 de febrero de 2011

PREPARAMOS O ENTROIDO



 

Os nenos e nenas de quinto participamos no concurso de "Carteis do Entroido" organizado polo ANPA do noso colexio. Este ano o Entroido vai de " Seres fantásticos e mitolóxicos." Os nenos de quinto ímonos disfrazar de Ulises e as nenas imos ir  da deusa Atenea, a que axudou a Ulises na súa longa e arriscada viaxe de regreso a Ítaca. Para facer estes debuxos inspirámonos nalgúns personaxes da Odisea: Ulises, Atenea, cíclopes, sereas, serpes mariñas, dragóns, ...... e outros seres fantásticos.
A música do vídeo é:  "Danza griega"- Sirtaki.