viernes, 13 de abril de 2012

Matemáticas con arte



Construimos o decímetro cúbico con algunhas das obras de Sorolla pintadas nas súas caras.

Matemáticas con arte - diapositivas

                         Joaquín Sorolla, "o pintor da luz"

Naceu en Valencia no ano 1863 e morreu en  Cercedilla no 1923. Formouse na súa cidade natal co escultor Capuz, estudou posteriormente as obras do Museo do Prado e, grazas a unha bolsa de estudos, puido residir e estudar en Roma de 1884 a 1889. Nesta época dedicouse sobre todo a cadros de temática histórica.

Unha viaxe a París en 1894 púxoo en contacto coa pintura impresionista, o que supuxo unha verdadeira revolución no seu estilo. Abandonou os temas anteriores e comezou a pintar ao aire libre, deixándose invadir pola luz e a cor do Mediterráneo. Son precisamente as obras de cores claras e pincelada vigorosa que reproducen escenas a beiras do mar as que máis se identifican coa arte de Sorolla.

Non obstante, foi un artista moi activo, que realizou tamén numerosos retratos de personalidades españolas e algunhas obras de denuncia social (E aínda din que o peixe é caro!) baixo a influencia do seu amigo Blasco Ibáñez.

O seu estilo agradable e doado fixo que recibise innumerables encargos, que lle permitiron gozar dunha desafogada posición social. A súa fama superou as fronteiras españolas para estenderse por toda Europa e Estados Unidos, onde expuxo en varias ocasións. De 1910 a 1920 pintou unha serie de murais con temas rexionais para a Hispanic Society of America de Nova York.

2 comentarios:

  1. Querido Anónimo, si todos tuviéramos los mismos gustos, el mundo sería muy aburrido ¿no te parece?

    ResponderEliminar